Notas de prensa

Rías Baixas

luns, 20 Agosto, 2018

O Pazo de Mugartegui, sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, acolleu esta mañá a cata para as Distincións Gallaecia. A esta vixésimo primeira edición do certame que organiza a Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia presentáronse 222 marcas de Rías Baixas.

martes, 07 Agosto, 2018

O Túnel do Viño organizado polo Consello Regulador consolidouse como un referente dentro da LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados. Foron moitos os amantes do viño que se achegaron entre o xoves 2 e o domingo 5 de agosto ao Salón de Congresos e Exposicións José Peña para degustar algunhas das máis de 161 marcas de 60 adegas expostas.

venres, 03 Agosto, 2018

58 marcas da Colleita 2017 participarán na XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante o sábado 4 e o domingo 5 de agosto, enmarcada dentro das actividades da LXVI Festa do Viño Albariño Denominación de Orixe Rías Baixas.

venres, 03 Agosto, 2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas inaugurou este mediodía o seu Túnel do Viño e as Catas Temáticas no Salón José Peña de Cambados, dentro da programación da LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas. Ao acto de apertura acudiron o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; o secretario xeral da entidade, Ramón Huidobro; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entre outros.

xoves, 02 Agosto, 2018

O Consello Regulador prevé distribuir ata 35.000 copas para a LXVI Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas, que se celebrará desde hoxe e ata o domingo en Cambados. Así o indicou o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, que participou este mediodía na inauguración oficial desta cita. Nese mesmo momento abriron no Paseo da Calzada as 42 casetas onde 44 adegas da denominación de orixe amosan as súas elaboracións ao público. As casetas pechan ás tres da madrugada e o sábado o horario prolóngase media hora máis.

luns, 30 Xullo, 2018

Tres representantes da importadora rusa SIMPLE visitaron esta mañá a D.O. Rías Baixas en busca de novas marcas para o seu portfolio. Os catadores valoraron 77 viños hoxe no Pazo de Mugartegui. A importadora busca viños de Rías Baixas dun segmento medio-alto que aínda non estean presentes en Rusia.

xoves, 26 Xullo, 2018

20 de xullo de 2018.- Unha trintena de adegas da D.O. Rías Baixas participaron esta mañá nunha xornada sobre mercados exteriores celebrada no Pazo de Mugartegui. As dúas directoras de contas de Gregory+Vine, Natasja Mallory e Trish Heywood, presentaron os resultados da campaña de promoción en Estados Unidos, así como o avance de actividades previstas para os vindeiros meses. Pola súa parte, o director xeral do Observatorio Español del Mercado del Vino, Rafael del Rey, falou sobre “Evolución e tendencias dos mercados do viño. O viño branco de calidade”.

venres, 13 Xullo, 2018

13 de xullo de 2018.- A XXVI Feira do Viño do Rosal reunirá esta fin de semana os amantes dos viños de Rías Baixas na Praza do Calvario. A celebración contará con nove casetas pertencentes a adegas de Rías Baixas, enclavadas na subzona do Rosal, que permanecerán nese espacio entre o 13 e o 15 de xullo.

O acto de inauguración terá lugar este venres ás 20:00 horas na propia praza que acolle a actividade. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas estará representado polo seu presidente, Juan Gil de Araujo.

xoves, 12 Xullo, 2018

11 de xullo de 2018.- A Denominación de Orixe Rías Baixas protagonizou este martes diferentes actividades promocionais en Tokio, ata onde se desprazou o secretario xeral da denominación, Ramón Huidobro. Estas accións, incluídas dentro do Plan Promocional en Japón  para 2018, consistiron nunha reunión de traballo con profesionais do sector nipón, un Seminario Master Class impartido por Ramón Huidobro e dirixido exclusivamente a profesionais, así como unha experiencia baixo o título Festa do Viño do Mar Rías Baixas, dirixida a consumidores xaponeses.

venres, 29 Xuño, 2018

28 de xuño de 2018.- O Concello das Neves ultima os preparativos para a súa XIII Festa do Tinto Rías Baixas, que terá lugar entre hoxe e o vindeiro 8 de xullo. A celebración ofrecerá dúas semanas de variadas actividades que terán os viños desta Denominación de Orixe como principal fío condutor.

martes, 26 Xuño, 2018

A Colleita 2017 da Denominación de Orixe Rías Baixas foi cualificada polo Pleno do seu Consello Regulador como “Moi boa”. Así o anunciou hoxe o presidente desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araujo, durante o tradicional almorzo de traballo cos medios de comunicación en Madrid.

venres, 08 Xuño, 2018

8 de xuño de 2018.- Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas obtiveron 26 medallas nos Premios Baco Colleita 2017, o que a converte na denominación con maior número de galardóns do certame enológico de viños novos organizado pola Unión Española de Catadores (UEC). A D.O. Rías Baixas posiciónase por diante da D.O. Rioja (16 medallas) e da D.O. Rueda (12).

Páxinas