El Consejo Regulador distribuye 35.000 catavinos para la LXVI Fiesta del Vino Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados


O Consello Regulador prevé distribuír ata 35.000 copas para a LXVI Fiesta do Viño Albariño D.O. Rías Baixas, que se celebrará desde hoxe e ata o domingo en Cambados. Así o indicou o presidente do Consejo Regulador, Juan Gil de Araujo, que participou este mediodía na inauguración oficial desta cita. Nese mesmo momento abriron no Paseo da Calzada as 42 casetas onde 44 adegas da denominación de orixe amosan as súas elaboracións ao público. As casetas pechan ás tres da madrugada e o sábado o horario prolóngase media hora máis.

Gil de Araujo animou a participar na celebración, que supón “rendir homenaxe non só a Cambados, que é a capital do Albariño Rías Baixas no Salnés, senón tamén ao traballo efectuado polos milleiros de viticultores e as adegas que traballan día a día por unha mellor materia prima e por elaborar viños cada vez de maior calidade”.

Neste sentido, o presidente do Consello Regulador recordou que “os nosos viños son cada vez máis valorados e coñecidos non só no estranxeiro, senón tamén aquí. E é por iso que esta festa conta cun maior número de visitantes ano tras ano", declarou, á vez que remarcou que a celebración de Cambados “é un acto promocional de primeira orde para as nosas adegas e viticultores”.

Na inauguración participaron tamén a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, ademais da directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entre outros.

A responsable autonómica de Medio Rural considera fundamental que “viticultores, adegueiros e institucións, todos da man, continuemos co labor de promoción e que os viños da denominación de orixe sexan recoñecidos en todo o mundo”, manifestou Vázquez. A conselleira destacou que a Xunta acaba de editar o libro ‘O potencial aromático das variedades de vide cultivadas en Galicia’, premiado pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV), o que permitirá dar a coñecer o traballo de todo o sector vitivinícola de Rías Baixas.

Neste sentido, a presidenta provincial indicou que “podemos presumir de que temos o mellor viño branco do mundo” e destacou a incesante internacionalización de Rías Baixas. Puxo como exemplo a súa recente visita a un restaurante de Turín (Italia), cunha carta de viños na que atopou ata tres referencias da D.O. Rías Baixas. “O albariño marida marabillosamente con todo, con calquera produto da tierra, o mar ou a horta”, afirmou Carmela Silva, que confía en que a festa de Cambados logre pronto a declaración de interese turístico internacional.

A alcaldesa, pola súa parte, sinalou o “gran ambiente de festa” que vive Cambados xa desde esta mesma xornada inaugural e considera que as altas temperaturas previstas para os vindeiros días “non van ser un obstáculo para que un gran número de visitantes gocen un ano máis da Festa do Albariño”.

 

Mañá xoves, inauguración do Túnel do Vino e Catas Temáticas

A actividade no Paseo da Calzada, que se prolonga ata o domingo 5 de agosto, combinarase co VIII Túnel do Viño Rías Baixas e as V Catas Temáticas organizadas polo Consello Regulador no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados.

A inauguración oficial desta cita será mañá ás 13:00 horas e contará coa presenza do  vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; do director xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, Miguel Ángel Pérez Dubois; e do secretario xeral do Consello Regulador, Ramón Huidobro.

Por un prezo de 15 euros, os visitantes poderán degustar 161 marcas pertencentes a 60 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. O horario de apertura das instalacións é de 12:00 a 14:30 horas e de 19:00 a 21:00 horas o xoves e o venres, mentres que o sábado e o domingo abrirán de 12:00 a 14:30 horas.

Paralelamente, 11 adegas de Rías Baixas protagonizarán 12 catas temáticas, que se desenvolverán entre o xoves e o domingo. Desde o Consello Regulador esperan seguir incrementando o número de visitantes das últimas edicións.