A Denominación de Orixe Rías Baixas finaliza a colleita 2019 con 32.401.591 quilos de uva
8 de novembro de 2019.- A campaña de vendima 2019 na D.O Rías Baixas finalizou cunha colleita de 32.401.591 quilogramos, procedentes das 21.872 parcelas que conforman a denominación e que suman un total de 4.051 hectáreas (8,4 máis que en 2018). Durante esta campaña produciuse unha baixada do 16% do volume con respecto á vendima de 2018. Os empresarios de Rías Baixas ven con preocupación a produción estimada de 22 millóns de litros de viño, dado que non chega a cubrir os niveis de venda dos últimos anos, pois nas adegas case non hai existencias de colleitas anteriores.
Desde o punto de vista técnico, a campaña de 2019 iniciouse o 28 de agosto e prolongouse ata o 11 de outubro. A súa longa duración denota que puido desenvolverse con total tranquilidade nun viñedo que se atopaba nun estado sanitario e vexetativo axeitado. Segundo especifica o órgano de Control e Certificación “a uva entrou nas adegas sana e con boas graduacións”. Por iso pode preverse unha anada de calidade e moi aromática. O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, explica que “os rendementos medios desta campaña situáronse en 7.997 kg/ha, se ben cabe resaltar que a media dos últimos dez anos situouse en 8.090 kg/ha, un valor moi cercano ao da colleita actual”.
Los 5.177 viticultores implicados na presente vendima recolleron 31.290.082 kg de variedade albariño, que representa o 96% da uva producida na denominación. Séguenlle a caíño branco, co 0,83%, e a treixadura co 0,67%. En canto ao reparto da produción por subzonas, a do Salnés é a principal produtora co 64%, seguida polo Condado do Tea co 21% e O Rosal co 9,5%.
Vinte e cinco auditores-veedores, que este año foron apoiados polos seis inspectores que contratou a Consellería de Medio Rural, controlaron as 162 adegas e velaron polo bo desenvolvemento desta vendima 2019, así como polo cumprimento do prego de condicións.
Ciclo vexetativo
O desenvolvemento do viñedo durante 2019 estivo marcado por unha adversa meteoroloxía que comezou motivando unha brotación moi rápida e irregular. Os cambios bruscos de temperatura durante os meses de marzo e abril ocasionaron certa ralentización no viñedo. Influíron negativamente os episodios de vento, que produciron danos nos primeros abrochos, así como a sarabia localizada nas subzonas do Codado do Tea, O Rosal e O Salnés que, a finais de abril, causaron prexuízos importantes en viñedos. As malas condicións meteorolóxicas non axudaron na floración e purga. Como consecuencia, producíronse acios pequenos e pouco compactos debido ao corremento de flor. Ao final, a estabilidade climática durante agosto e setembro permitiu un envero en boas condicións e unha vendima tranquila.
PRODUCIÓN POR VARIEDADES E SUBZONAS (QUILOS)
O SALNÉS | CONDADO DO TEA | O ROSAL | RIBEIRA DO ULLA | SOUTOMAIOR | TOTAL | |
ALBARIÑO | 20.708.859 | 6.518.519 | 2.546.164 | 1.457.409 | 59.131 | 31.290.082 |
LOUREIRA | 3.615 | 48.126 | 139.600 | - | - | 191.341 |
TREIXADURA | 2.781 | 172.421 | 37.778 | 6.279 | - | 219.259 |
CAIÑO BRANCO | 10.460 | - | 257.250 | 4.365 | - | 272.075 |
TORRONTÉS | - | 11.998 | - | 3.110 | - | 15.108 |
GODELLO | 14.701 | 2.563 | 30.300 | 3.075 | 1.311 | 51.950 |
CASTAÑAL | - | - | 8.976 | - | - | 8.976 |
CAIÑO TINTO | 37.149 | 2.936 | 3.286 | 1.538 | 852 | 45.761 |
ESPADEIRO | 14.745 | 24.311 | 1.497 | - | - | 40.553 |
LOUR. TINTA | 2.884 | 167 | - | - | 171 | 3.222 |
BRANCELLAO | 566 | 3.613 | 11.611 | - | 240 | 16.030 |
MENCÍA | 15.376 | 50.771 | 800 | 14.347 | 918 | 82.212 |
PEDRAL | - | 19.029 | - | - | - | 19.029 |
SOUSÓN | 1.190 | 133.108 | 11.153 | 312 | 230 | 145.993 |
TOTAL | 20.812.326 | 6.987.562 | 3.048.415 | 1.490.435 | 62.853 | 32.401.591 |






